luns, 11 de decembro de 2017

Día internacional das Persoas con Discapacidade

Con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, o 3 de decembro, varios alumnos e alumnas do CEEPR AMICOS estiveron no noso centro para impartir uns obradoiros de concienciación da inclusión da diversidade nas aulas.

Estes obradoiros forman parte do proxecto The Change Starts With us (o cambio comeza con nós) e pretenden animar aos nenos e nenas a que acepten aos seus compañeiros con discapacidade, aumentar a conciencia e a visibilidade das persoas con discapacidade e a comprender a súas dificultades. Os obradoiros foron:

1. Sobre rodas: discapacidade física.
2. Outro punto de vista: discapacidade sensorial.
3. Descifra a mensaxe: discapacidade intelectual.
4. Linguaxe de signos: discapacidade sensorial.
5. Conto adaptado: discapacidade intelectual.

Moitas grazas por estas xornadas!