luns, 15 de xaneiro de 2018

Campaña de sensibilización contra a violencia de xénero

Alumnado de infantil
Durante o 2017-18 a Deputación da Coruña, vai poñer en marcha para Concellos de menos de 20.000 habitantes, unha campaña de sensibilización contra a violencia de xénero "QUEN DIXO MEDO?" .
 
Este programa ten diversas actividades e no noso concello vanse levar a cabo dúas: nas aulas de educación infantil un contacontos e obradoiro de manualidades, que aínda que vai dirixido ao alumnado de 6º de educación infantil, vaise facer extensivo a todo o alumnado de infantil.  E nas aulas de 4º e 5º de educación primaria unha xincana coeducativa "sen medo, sen violencia". 

Estas actividades desenvolveranse no mes de xaneiro no CEIP de Xuño, CEIP de Campanario, EEI de Queiruga, EEI de Caamaño, EEI de Carballosa e EEI de Seráns.


Podedes consultar máis información sobre as actividades nos seguintes enlaces: