martes, 21 de abril de 2020

Educamos as emocións en época de confinamento


Xa no seu día Aristóteles decía o seguinte " Calquera pode enfadarse...iso é moi fácil. Pero enfadarse coa persoa axeitada, no grado exacto, no momento apropiado, co propósito xusto e do modo correcto...iso non resulta tan sinxelo"


Daniel Goleman (1997) define a Intelixencia Emocional como "a capacidade de recoñecer os nosos propios sentimentos e os alleos, de motivarnos e de manexar ben as emocións, en nós mesmos e nas nosas relacións". Cando se fala de Intelixencia Emocional (IE), descríbense cinco grupos de habilidades ou aptitudes esenciais que a compoñen:

  • Autoconciencia: consiste en identificar os pensamentos e sentimentos propios, e notar como inflúen nas nosas decisións e accións.
  • Control emocional: consiste en aprender a dominar as emocións e desenvolver a habilidades para controlar impulsos emocionais.
  • Motivación: ter a capacidade de motivarse e motivar aos demais.
  • Empatía: céntrase en identificar e comprender os pensamentos e sentimentos dos demais, desenvolvendo a empatía e sendo capaz de adoptar o punto de vista dos outros.
  • Habilidades sociais: centradas en adestrar habilidades que permitan ter, manter e gozar dunhas relacións as e gratificantes cos individuos e co grupo.



Desde o departamento de orientación do CEIP Ponte Sampaio achégannos unha serie de actividades para traballar cada unha das habilidades que compoñen a intelixencia emocional.
Premede no seguinte enlace para poder acceder as actividade que as traballan:





Tamén Eva Solaz nos aporta unha serie de ideas e actividades para educar as nosas emocións. O material que nos facilita Eva, está enfocado a alumnado de educación infantil e primaria.


  
Para ver os contos e as actividades de meditación tedes que premer nas imaxes do documento, unha vez que accedades a el a través do seguinte enlace: 

luns, 20 de abril de 2020

Recursos para o fomento da lectura

  • Libros infantiles e de educación, de descarga gratuita, da editorial Octaedro


A editorial Octaedro ofrécenos unha gran selección de Ebooks infantiles e educativos para nenos e adultos. Facede clic no enlace para acceder a súa páxina y poder descargalos.


  •  Libros infantiles gratuitos para ler durante a cuarentena

-Olga de Dios permite descargar de xeito gratuito tres dos seus libros.






-A editorial Salvat  permite descargar gratis diferentes  libros cos seus correspondentes audios. 


  • Increíble colección de audiolibros gratis para nenos/as de todas as idades

 


Amazon cancelou a suscripción de libros e historias de audio para nenos/as de todas las idades. Os nenos/as poden acceder a unha increíble colección de historias, incluidos títulos en seis idiomas diferentes, que lles axudarán a seguir soñando e aprendendo.
Todas as historias son gratuitas e accesibles desde calquera dispositivo. Facede clic no enlace para acceder os libros e  empezar a escoitalos.


  • RECOPILATORIO DE CONTOS







  • EDITORIAL BAIA "Con vos na casa"

A editorial BAIA ven de liberar una serie de libros e contos para diferentes idades, que podedes descargar de xeito gratuíto. Pinchade no enlace para acceder a páxina de BAIA edicións e poder descárgalos.



  •  A editorial KALANDRAKA Ofrece "Contos Contados" para amenizar o día a día dos nenos/as e as súas familias.



Premede no seguinte enlace para poder escoitar os contos: 
https://kalandraka.tv/gl/index.php

mércores, 15 de abril de 2020

Audición e linguaxe: xogos populares para estimular a linguaxe

1.O Xogo do Vexo, vexo , algo que comeza con…. 

Este xogo axuda a mellorar:

  • A linguaxe receptiva
  •  A linguaxe expresiva
  • O razoamento deductivo

Maneiras de traballar con este xogo:

-Si queremos traballar a linguajxe receptiva (capacidad de escoitar) podemos facer que o alumno/a sexa o que elixa  máis veces que o adiviñador.

-Si polo contrario queremos centrarnos na linguaxe expresiva (expresión oral) faremos que o neno/a sea o adiviñador máis veces que o que lle toca elexir.
-Podenos ser útil para traballar categorías , elexir os elementos sólo por cores – » Vexo, vexo algo que é azul » – ou a forma – » Vexo, vexo algo que é cadrado » – ou función – » Vexo, vexo algo que se utiliza para escribir . 

-Si o que queremos é traballar a fonética , describir os obxectos polo son que empezan con : » Vexo, vexo algo que empeza co son " f ".

-Tamén é especialmente útil para traballar o vocabulario.


2.Da Habana veu un barco cargado de…

Este xogo consiste en engadir un a un unha lista de elementos seguindo una orde( animais, do alfabeto, comidas…) cada xogador debe recordar as que dixeron os seus compañeiros e engadir unha máis.
Pode ser útil para traballar:
  • A memoria
  • O vocabulario
  • A fonética
Formas de traballar con este xogo:
-Para reforzar o propoñer unha categoría e que os alumnos vaian engadindo unha cada vez. Pode ser interesante ter un apoio visual si a categoría lle resulta complicada.
-Para reforzar a memoria: este xogo é especialmente interesante para traballala xa que o alumno ten que lembrar a lista de que se foi dicindo. Pódese dar algunha axuda como, as teñen que seguir a orde alfabética, os ais empezando por pequenos e cada vez máis grandes…
-Para traballar a fonética propoñer que empecen polo son que queremos reforzar. Ideal para reforzar tamén a articulación escollendo o fonema a traballar.
-Para traballar o alfabeto: pódese comezar pola a, todos os participantes engadirán unha con esa letra, despois la b e así sucesivamente.
3.TRABALiNGUAS
Os trabalinguas son moi interesantes para estimular a linguaxe. Con eles conseguimos reforzar:
  • A articulación
  • A velocidade da fala
  • O sentido do humor
Maneiras de traballar cos trabalinguas:
–Para reforzar a articulación, utilizar trabalinguas que teñan cos que queremos que o alumno articule mellor.
– Para reforzar a confianza: utilizar trabalinguas con especialmente fácil para o alumno. Nos que poida sentirse competente. Empregar ao comezo trabalinguas moi sinxelos que o nino/a poida recitar sen problema.
–Xogar a ler trabalinguas. Engadir un cronómetro con alumnos maiores e máis competentes e cronometrar o tempo que se tarda en decir ou ler o trabalinguas.
4.estou pensando, a ver si o adiviñas
O xogo consiste en adiviñar o obxecto, animal, lugar… que estou pensando. ¿É un animal? No ¿É unha froita? Si
Con este xogo reforzase:
  • A linguaxe receptiva
  • A linguaxe expresiva
  • O razoamento deductivo
Maneiras de traballalo:
-Podemos empregar unha pizarra para ir anotando todas as pistas que nos van dando e así facilitar o encontrar a resposta.
-Para traballar a linguaxe expresiva facer que o nino/a utilice unha frase completa para contestar, por exemplo; No, non é un animal. En lugar de utilizar únicamente No.
-Para potenciar a linguaxe expresiva facer una variante na que non esté permitido decir non o si,  neste  caso o alumno terá que contestar con unha frase. ¿De qué cor é a  cousa? o que estou pensando é de cor vermello.



Recursos e actividades variadas

 De seguido achégovos unha serie de recursos e actividades que me pareceron bastante interesantes para que poidades ir reforzando o que traballades cos vosos titores/as. A ver se vos gustan!!!

1. 3 Xogos interactivos para repasar todo o aprendido en calquera curso de primaria.

Preme aquí para pode xogar:


2. Ideas para que os nenos xoguen, aprendan, inventen, escriban, se movan, compoñan música e diseñen ( Misión Deportiva)


Preme no enlace para poder ir a misión:


3.Inclusión digital para ANEAE (Alumnos con necesidades específicas de apoio educativo)
Aquí tedes o enlace:
https://sites.google.com/educarex.es/inclusion-digital/


4. Aprendo en casa ( Ministerio de Educación)
Preme aquí para ir a páxina:
https://aprendoencasa.educacion.es/

martes, 14 de abril de 2020

Guía para o acompañamento emocional na infancia durante o período de confinamento

 Esta guía elaborada pola psicóloga Elena Mediavilla Espinosa vai dirixida a familias, educadores e profesionais da infancia. Xorde da necesidade de coidar o vínculo emocional cos nosos fillos/as, neste período de confinamento imposto. No cal dun día para outro perdemos as nosas rutinas, o cal ten consecuencias a nivel psicolóxico en todas as persoas, sendo os nenos/as os máis vulnerables nesta situación por non ter recursos nin ferramentas para frear un situación deste tipo.
Esta guía pode resultar útil para lograr unha axeitada conexión emocional cos nosos fillos e polo tanto seguir sendo unha base segura para eles. Debemos ter en conta que respondendo as súas necesidades é sendo empáticos lograremos manter forte o noso vínculo emocional con eles, para conseguir que este tempo de encerro sexa o máis levadeiro posible para todos.

Aquí tedes o enlace para que lle poidades dar un vistazo a guía da que vos falo. Espero que sirva de axuda!!!
https://drive.google.com/file/d/1E38PHD_Kddy5-ZO8XipDPs08xwSVYwJQ/view?usp=sharing