luns, 30 de marzo de 2020

IDEAS PARA PASAR ESTES DÍAS NA CASA CON NENOS/AS


Os compañeiros de ENTRE NUBES ESPECIALES facilítannos un documento con ideas moi útiles para pasar cos nenos/as os días de confinamento. Os recursos que nos propoñen divídense nos seguintes apartados :

-Aplicacións para móvil, tablet ou ordenador
- Actividades sensoriais.
-Webs con manualidades.
-Películas e series.
-Webs para descargar material imprimible gratis.
-Dez museos para visitar estando na casa.
-Canles de YouTube con contos infantís.
-Canles de YouTube con ideas/actividades.
-70 ideas fáciles para xogar cos nenos/as dentro da casa.


Experimentos para os días de cole a distancia

Os estudantes de segundo grado de maxisterio da USAL fixeron un libro de experimentos para que os máis pequenos poidan aprender dun xeito distinto dende as súas casas. Espero que vos guste e que vos axude a distraervos estes días. Moito ánimo a todos e a experimentar!!!

  • Experimentos para alumnado de 1º, 2º e 3º de educación primaria:

  • Experimentos para alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria:



Educación e COVID-19


xoves, 26 de marzo de 2020

Actividades para reforzar a memoria


    Aquí vos deixamos algunhas actividades/xogos para reforzar a memoria dunha forma lúdica, buscamos actividades para as que non necesitedes nada máis que a vos mesmos e nalgúns casos cousas que podedes atopar na casa.

  • Imitación dos sons emitidos polos animais
  • Recoñecemento destes sons cando son emitidos por outros/as.
  • Reprodución oral ou escrita dunha serie de cifras en primeiro en orde crecente exposta anteriormente de xeito oral(p.e 6,2-4,1-3-5,2-3-5-7) e despois en orde decrecente.
  • Completar series escritas de números as que lle faltan un ou varios elementos
  • Continuación de series de números escritas iniciadas por algún membro da familia, de forma oral ou escrita.
  • Reprodución dunha serie de palabras. Irase aumentando cada vez unha palabra máis. 
  • Reprodución oral dunha frase que poderá irse complicando pouco a pouco. Debe repetirse integramente.
  • Enumeración oral ou escrita dos números dunha serie de forma inversa a como foi exposta.
  • Memorización dos números de teléfono, aniversarios, matrículas... 
  • Recoñecemento da palabra que non pertence a mesma categoría cas demais dentro dunha serie ou conxunto.
  • Completar series, orais ou escritas, de palabras  pertencentes a mesma categoría (por exemplo: animais de compañía...)
  • Seguir as instrucións de ordes cada vez máis complexas (toca a nariz, toca a man dereita e da un salto, ... )
  • Memorizar refráns, ditos, versos, poemas, cancións,... escoitados ou por escrito.
  • Escoitar ruídos e decidir de onde proceden
  • Xogo do eco: unha nena/o ou o familiar di unha palabra e os demais deben facer eco da mesma as veces acordadas
  • Xogo de cadeas de palabras : unha/un nena/o inicia a cadea dicindo unha palabra (Mario) ,outro neno/a ou persoa da familia debe dicir a mesma palabra engadindo outra que aporte significado á mesma (come) …Perde quen non sexa capaz de engadir outra palabra mais.
  • Teléfono estragado: situados en corro, unha/un nena/o di unha frase ó oído a persoa da dereita , este ao da súa dereita e así sucesivamente …o último di en alto o que escoitou e o primeiro di o que dixo.
  • Repetición dos movementos feitos por outro membro da familia.
  • Enumeración de obxectos ,animais ,persoas…que poidan agruparse atendendo a una categoría(p.e dicir animais que sexan grandes)
  • Enumeración de obxectos da casa previamente mostrados. Escritura destes obxectos
  • Observar unha foto e describir todos os elementos que aparecen na mesma.
 Podedes atopar mais recursos no seguinte enlace:  https://arbolabc.com/


mércores, 25 de marzo de 2020

Que é o coronavirus


Unha das maiores dificultades é explicarlles aos máis pequenos que é o Covid-19. A continuación preséntanse algúns materiais que poden resultar de axuda:


Rosa e o Coronavirus:


Dende COPMADRID fa este conto para explicar aos máis pequenos que é o Coronavirus e que podemos facer  para loitar contra el. Unha gran iniciativa que nos pode axudar a facerlles entender porque non podemos sair ao tempo que adicamos un tempo á lectura. Prema aquí para acceder ao enlace



Que é o coronavirus:



Os compañeiros de Arasaac explican con pictogramas que é o Coronavirus, as precaucións que debemos ter, así como a situación que estamos a vivir. Unha gran axuda, sobre todo para o alumnado con TEA.   prema aquí para acceder ao documeno


O Monstruo das cores e o Coronavirus:






Recomendacións do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia para a comunidade educativa con motivo da emerxencia sanitaria do COVID19

Desde o Colexio Oficial de Psicoloxía transmitímosvos unha serie de recomendacións elaboradas pola Sección de Psicoloxía Educativa, que van dirixidas a toda a comunidade educativa. 

PARA O ALUMNADO:
  1. Sabemos que estrañas o teu grupo de compañeiros, compañeiras e amizades, as súas apertas e os seus bicos. 
  2. Pensa que está situación é transitoria. 
  3. Son tempos de estar nas redes sociais para estar conectados pero lembra facer uso responsable.
  4. Coidado co que colgues nas redes.  
  5. Colabora nas tarefas do fogar segundo a túa idade. 
  6.  O voso profesorado está tamén conectado, cumpre coa túa parte académica. 
  7.  É a vosa hora, sacade a vosa creatividade e iniciativas.
 
PARA AS FAMILIAS: 

  1.  Mantede a calma nas súas conversas e nos seus actos. 
  2. A actitude da familia é a que van adoptar os vosos fillos e fillas.  
  3. Transmitídelle que a responsabilidade é de todos, empezando pola casa. 
  4.  Xestiona o tempo da dedicación dos teus fillos ou fillas ás redes sociais. 
  5.  Pensade en positivo, tedes que sacar dos vosos fillos e fillas as o mellor que teñen. 
  6. Axúdalles a falar e expresar as súas emocións, dúbidas, medos, inquedanzas. 
  7.  Fóra os bulos. Informádevos nas fontes fiables, páxinas webs da Consellería de Sanidade, de Educación e dos correspondentes Ministerios.
 
PARA O PROFESORADO:

  1.  Racionalizade o traballo que enviedes ao voso alumnado. 
  2. Lembrade que o alumnado, como toda a comunidade educativa está pasando por unha situación de estrés transitoria. 
  3.  Non todo son cuestións académicas, non esquezades o eido emocional do voso alumnado.

martes, 24 de marzo de 2020

Saúde emocional na infancia e na adolescencia



Mentres dure o estado de alarma a asociación ASEIA pon en marcha un “Servicio de primeiros auxilios emocionais para adolescentes entre 12 e 18 anos e coidadores de nenas/os de 0 a 11 anos” que será atendida por profesionais da psicoloxía, traballo social, enfermería e educación social voluntarios, con formación específica en saúde emocional na infancia e a adolescencia. A atención realizarase telefónicamente e será gratuíta.

O obxectivo é dar cobertura e apoio emocional e orientación psicolóxica, educativa e social a adolescentes e coidadores de menores de 11 anos, que se atopen en dificultades de desbordamento emocional derivadas da situación de distanciamento social a causa do estado de alarma decretado pola pandemia Covid-19.

Para demandar apoio pódese enviar un mail a aseia.galicia@gmail.com ou chamando o 622245545.