mércores, 29 de abril de 2020

Proposta da mestra de pedagoxía terapéutica: Xogos Mentais

Hoxe a mestra de PT propón dúas aplicación para traballar as nosas habilidades mentais. 
E que tamén nos poden servir como actividades que nos podes axudas a relaxarnos e desconectar.

1. Xogos mentais para realizar no ordenador:

Premede no enlace para acceder os xogos:

2.Xogos mentais para tablets e móviles:


Podedes descargar a aplicación no Play Store dos vosos móbiles e Tablet, o enlace da aplicación é o seguinte:


Desescalada: Datas e fases



venres, 24 de abril de 2020

Xa podemos volver a saír a rúa un pouquiño!!!


 A pesares que o noso colexio se atopa nun entorno rural e a maioría de vos tedes unha horta a que poder saír para respirar un pouco de aire fresco... supoñe que estaredes content@s por poder volver a saír a rúa aínda que sexa un pouquiño!!!
Para que esas saídas sexan seguras e gratificantes temos que aprender a disfrutar dese tempo seguindo unha serie de recomendacións...



A psicóloga Sabina Serrano facilítanos unha guía para xestionar axeitadamente a saída dos nenos e nenas, incluíndo unha serie de recomendacións para prepara os rapaces/as antes de saír da casa. 


                     Premede aquí para acceder a guía:https://drive.google.com/file/d/1HWyWDhd1v-J0DjfnWbxIW0XnX0Xzyoe1/view?usp=sharing


Ademáis contamos con dous contos moi útiles para explicarlle aos máis pequenos as condicións para volver a saír a rúa. 

1. EL OSO GOLOSO


                         Pincha aquí para ver o canto:https://drive.google.com/file/d/1HYkylvELQGg5uagaREE1pp7mgfx27jau/view?usp=sharing



2. ¡YA PODEMOS SALIR A LA CALLE!


                         Pincha aquí para ver o conto:https://drive.google.com/file/d/1H_al1P0nCb6paOxMVSEbaSB4PqIg39sJ/view?usp=sharing


                     Desfrutade da saída!!!

xoves, 23 de abril de 2020

Día internacional do libro

  
"Os libros son portas que che levan á rúa. Con eles aprendes, edúcaste, viaxas, soñas, imaxinas, vives outras vidas e multiplicas a túa por mil "

                               Arturo Pérez Reverte, La Reina del Sur


 Como sabedes hoxe celebrase o día internacional do libro. Este Día é unha conmemoración celebrada cada 23 de abril a nivel mundial co obxectivo de fomentar a lectura.

  • Dende 1988 é unha celebración internacional promovida pola UNESCO. 
  • O 15 de xuño de 1989 iniciase en varios países.
  • Tratase dun día simbólico para a literatura mundial xa que ese día en 1616 finaron
      Cervantes, Shakespeare e Garcilaso da Vega.

Aínda que este ano no podemos celebralo no colexio, debido ao confinamento. Anímovos a que o celebredes igualmente dende as vosas casa, por tratarse dun día moi importante!!!

Para iso podedes facer algúnha das seguintes actividades:


1. O Profe Javi do CEIP San Benito de Lérez con motivo do día do libro presentanos o libro-xogo "Enigmas", de Victor Escandell, para desafiar a nosa mente con 25 historias de misterio. Este libro plantexa unha serie de retos que teredes que ir resolvendo. O profe Javi hoxe amosanos o primeiro, a ver se sodes quen de resolvelo!!!





2. Creamos un pequeno relato cos títulos dos libros que temos pola casa. 

Esta actividade consiste en ir relacionando os títulos de libros e contos que teñades na casa para facer un pequeno relato, e así desenvolveremos a nosa creatividade. 
A continuación póñovos un exemplo.


                        
            
           ÁNIMO, SEGURO QUE VOS SAEN XENIAL!!!


3. A terceira actividade que vos propoño é que vos fagades unha foto no voso recuncho de lectura habitual, lendo o voso libro ou conto preferido e ma enviedes.



  • Tanto a resposta ao reto ,como o relato curto e a foto podedes enviala a seguinte dirección de correo:
                           mgrh03@gmail.com.

Para os máis pequenos deixovos este video do libro interactivo "Un libro" de Hervé Tullet, da editorial kókinos. Espero que vos guste está moi chulo. Ide facendo o que vos vai decindo cada páxina deste libro!!!


                                   


Un abrazo moi forte para tod@s, non vos esquezades de ler cada día un pouquiño.










martes, 21 de abril de 2020

Educamos as emocións en época de confinamento


Xa no seu día Aristóteles decía o seguinte " Calquera pode enfadarse...iso é moi fácil. Pero enfadarse coa persoa axeitada, no grado exacto, no momento apropiado, co propósito xusto e do modo correcto...iso non resulta tan sinxelo"


Daniel Goleman (1997) define a Intelixencia Emocional como "a capacidade de recoñecer os nosos propios sentimentos e os alleos, de motivarnos e de manexar ben as emocións, en nós mesmos e nas nosas relacións". Cando se fala de Intelixencia Emocional (IE), descríbense cinco grupos de habilidades ou aptitudes esenciais que a compoñen:

  • Autoconciencia: consiste en identificar os pensamentos e sentimentos propios, e notar como inflúen nas nosas decisións e accións.
  • Control emocional: consiste en aprender a dominar as emocións e desenvolver a habilidades para controlar impulsos emocionais.
  • Motivación: ter a capacidade de motivarse e motivar aos demais.
  • Empatía: céntrase en identificar e comprender os pensamentos e sentimentos dos demais, desenvolvendo a empatía e sendo capaz de adoptar o punto de vista dos outros.
  • Habilidades sociais: centradas en adestrar habilidades que permitan ter, manter e gozar dunhas relacións as e gratificantes cos individuos e co grupo.



Desde o departamento de orientación do CEIP Ponte Sampaio achégannos unha serie de actividades para traballar cada unha das habilidades que compoñen a intelixencia emocional.
Premede no seguinte enlace para poder acceder as actividade que as traballan:





Tamén Eva Solaz nos aporta unha serie de ideas e actividades para educar as nosas emocións. O material que nos facilita Eva, está enfocado a alumnado de educación infantil e primaria.


  
Para ver os contos e as actividades de meditación tedes que premer nas imaxes do documento, unha vez que accedades a el a través do seguinte enlace: 

luns, 20 de abril de 2020

Recursos para o fomento da lectura

  • Libros infantiles e de educación, de descarga gratuita, da editorial Octaedro


A editorial Octaedro ofrécenos unha gran selección de Ebooks infantiles e educativos para nenos e adultos. Facede clic no enlace para acceder a súa páxina y poder descargalos.


  •  Libros infantiles gratuitos para ler durante a cuarentena

-Olga de Dios permite descargar de xeito gratuito tres dos seus libros.






-A editorial Salvat  permite descargar gratis diferentes  libros cos seus correspondentes audios. 


  • Increíble colección de audiolibros gratis para nenos/as de todas as idades

 


Amazon cancelou a suscripción de libros e historias de audio para nenos/as de todas las idades. Os nenos/as poden acceder a unha increíble colección de historias, incluidos títulos en seis idiomas diferentes, que lles axudarán a seguir soñando e aprendendo.
Todas as historias son gratuitas e accesibles desde calquera dispositivo. Facede clic no enlace para acceder os libros e  empezar a escoitalos.


  • RECOPILATORIO DE CONTOS







  • EDITORIAL BAIA "Con vos na casa"

A editorial BAIA ven de liberar una serie de libros e contos para diferentes idades, que podedes descargar de xeito gratuíto. Pinchade no enlace para acceder a páxina de BAIA edicións e poder descárgalos.



  •  A editorial KALANDRAKA Ofrece "Contos Contados" para amenizar o día a día dos nenos/as e as súas familias.



Premede no seguinte enlace para poder escoitar os contos: 
https://kalandraka.tv/gl/index.php

mércores, 15 de abril de 2020

Audición e linguaxe: xogos populares para estimular a linguaxe

1.O Xogo do Vexo, vexo , algo que comeza con…. 

Este xogo axuda a mellorar:

  • A linguaxe receptiva
  •  A linguaxe expresiva
  • O razoamento deductivo

Maneiras de traballar con este xogo:

-Si queremos traballar a linguajxe receptiva (capacidad de escoitar) podemos facer que o alumno/a sexa o que elixa  máis veces que o adiviñador.

-Si polo contrario queremos centrarnos na linguaxe expresiva (expresión oral) faremos que o neno/a sea o adiviñador máis veces que o que lle toca elexir.
-Podenos ser útil para traballar categorías , elexir os elementos sólo por cores – » Vexo, vexo algo que é azul » – ou a forma – » Vexo, vexo algo que é cadrado » – ou función – » Vexo, vexo algo que se utiliza para escribir . 

-Si o que queremos é traballar a fonética , describir os obxectos polo son que empezan con : » Vexo, vexo algo que empeza co son " f ".

-Tamén é especialmente útil para traballar o vocabulario.


2.Da Habana veu un barco cargado de…

Este xogo consiste en engadir un a un unha lista de elementos seguindo una orde( animais, do alfabeto, comidas…) cada xogador debe recordar as que dixeron os seus compañeiros e engadir unha máis.
Pode ser útil para traballar:
  • A memoria
  • O vocabulario
  • A fonética
Formas de traballar con este xogo:
-Para reforzar o propoñer unha categoría e que os alumnos vaian engadindo unha cada vez. Pode ser interesante ter un apoio visual si a categoría lle resulta complicada.
-Para reforzar a memoria: este xogo é especialmente interesante para traballala xa que o alumno ten que lembrar a lista de que se foi dicindo. Pódese dar algunha axuda como, as teñen que seguir a orde alfabética, os ais empezando por pequenos e cada vez máis grandes…
-Para traballar a fonética propoñer que empecen polo son que queremos reforzar. Ideal para reforzar tamén a articulación escollendo o fonema a traballar.
-Para traballar o alfabeto: pódese comezar pola a, todos os participantes engadirán unha con esa letra, despois la b e así sucesivamente.
3.TRABALiNGUAS
Os trabalinguas son moi interesantes para estimular a linguaxe. Con eles conseguimos reforzar:
  • A articulación
  • A velocidade da fala
  • O sentido do humor
Maneiras de traballar cos trabalinguas:
–Para reforzar a articulación, utilizar trabalinguas que teñan cos que queremos que o alumno articule mellor.
– Para reforzar a confianza: utilizar trabalinguas con especialmente fácil para o alumno. Nos que poida sentirse competente. Empregar ao comezo trabalinguas moi sinxelos que o nino/a poida recitar sen problema.
–Xogar a ler trabalinguas. Engadir un cronómetro con alumnos maiores e máis competentes e cronometrar o tempo que se tarda en decir ou ler o trabalinguas.
4.estou pensando, a ver si o adiviñas
O xogo consiste en adiviñar o obxecto, animal, lugar… que estou pensando. ¿É un animal? No ¿É unha froita? Si
Con este xogo reforzase:
  • A linguaxe receptiva
  • A linguaxe expresiva
  • O razoamento deductivo
Maneiras de traballalo:
-Podemos empregar unha pizarra para ir anotando todas as pistas que nos van dando e así facilitar o encontrar a resposta.
-Para traballar a linguaxe expresiva facer que o nino/a utilice unha frase completa para contestar, por exemplo; No, non é un animal. En lugar de utilizar únicamente No.
-Para potenciar a linguaxe expresiva facer una variante na que non esté permitido decir non o si,  neste  caso o alumno terá que contestar con unha frase. ¿De qué cor é a  cousa? o que estou pensando é de cor vermello.