mércores, 25 de marzo de 2020

Recomendacións do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia para a comunidade educativa con motivo da emerxencia sanitaria do COVID19

Desde o Colexio Oficial de Psicoloxía transmitímosvos unha serie de recomendacións elaboradas pola Sección de Psicoloxía Educativa, que van dirixidas a toda a comunidade educativa. 

PARA O ALUMNADO:
  1. Sabemos que estrañas o teu grupo de compañeiros, compañeiras e amizades, as súas apertas e os seus bicos. 
  2. Pensa que está situación é transitoria. 
  3. Son tempos de estar nas redes sociais para estar conectados pero lembra facer uso responsable.
  4. Coidado co que colgues nas redes.  
  5. Colabora nas tarefas do fogar segundo a túa idade. 
  6.  O voso profesorado está tamén conectado, cumpre coa túa parte académica. 
  7.  É a vosa hora, sacade a vosa creatividade e iniciativas.
 
PARA AS FAMILIAS: 

  1.  Mantede a calma nas súas conversas e nos seus actos. 
  2. A actitude da familia é a que van adoptar os vosos fillos e fillas.  
  3. Transmitídelle que a responsabilidade é de todos, empezando pola casa. 
  4.  Xestiona o tempo da dedicación dos teus fillos ou fillas ás redes sociais. 
  5.  Pensade en positivo, tedes que sacar dos vosos fillos e fillas as o mellor que teñen. 
  6. Axúdalles a falar e expresar as súas emocións, dúbidas, medos, inquedanzas. 
  7.  Fóra os bulos. Informádevos nas fontes fiables, páxinas webs da Consellería de Sanidade, de Educación e dos correspondentes Ministerios.
 
PARA O PROFESORADO:

  1.  Racionalizade o traballo que enviedes ao voso alumnado. 
  2. Lembrade que o alumnado, como toda a comunidade educativa está pasando por unha situación de estrés transitoria. 
  3.  Non todo son cuestións académicas, non esquezades o eido emocional do voso alumnado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario