xoves, 2 de abril de 2020

Desenvolvemos a creatividade


Propóñovos dúas actividades, unha para os mais maiores e outra para os pequenos. Aínda que a segunda a podedes face todos se vos apetece. 

 Actividade 1:

Sabedes o que é un Haiku? supoñe que non. Pero tratase dunha actividade bastante sinxela que nos vai axudar a desenvolver a nosa creatividade.

Os HAIKUS son un tipo de poesía orixinaria de Xapón, que consisten nun texto breve, composto por tres versos de cinco, siete e cinco sílabas respectivamente. E que se crean a partir de cousas que se poden ver no entorno que nos rodea, están sobre todo relacionados coa natureza.

A continuación poño uns exemplos para que vos poidan servir de axuda.



 Agora xa podedes facelos vos, non esquezades acompañalos dunha ilustración. De seguro que vos salen xenial. Ánimo e a darlle a seseira!!!


Actividade 2:

Seguindo a iniciativa proposta dende outros colexios gustaríame que fagades un debuxo no que aparezades vos e as vosas familias, nas vosas casa. Facendo algunha das actividades que realizades no día a día dende que estamos confinados: facendo un pastel, exercicio xogando a algún xogo... O que vos pensedes que máis vos representa estes días tan excepcionais.  E lembrade acompañar o voso debuxo co hashtag  # Euficonacasa.

Cando teñades algunha das actividades feitas podedes enviar unha foto do que fixestes ao correo electrónico mgrh03@gmail.com e ireinas publicando no blog. Tedes de prazo ata o 14 de abril. 

Un saúdo a todos/ as e coidádevos moito.
#Todovaisairben
#porquenuncachoveuquenonescampase

Ningún comentario:

Publicar un comentario