mércores, 15 de abril de 2020

Audición e linguaxe: xogos populares para estimular a linguaxe

1.O Xogo do Vexo, vexo , algo que comeza con…. 

Este xogo axuda a mellorar:

  • A linguaxe receptiva
  •  A linguaxe expresiva
  • O razoamento deductivo

Maneiras de traballar con este xogo:

-Si queremos traballar a linguajxe receptiva (capacidad de escoitar) podemos facer que o alumno/a sexa o que elixa  máis veces que o adiviñador.

-Si polo contrario queremos centrarnos na linguaxe expresiva (expresión oral) faremos que o neno/a sea o adiviñador máis veces que o que lle toca elexir.
-Podenos ser útil para traballar categorías , elexir os elementos sólo por cores – » Vexo, vexo algo que é azul » – ou a forma – » Vexo, vexo algo que é cadrado » – ou función – » Vexo, vexo algo que se utiliza para escribir . 

-Si o que queremos é traballar a fonética , describir os obxectos polo son que empezan con : » Vexo, vexo algo que empeza co son " f ".

-Tamén é especialmente útil para traballar o vocabulario.


2.Da Habana veu un barco cargado de…

Este xogo consiste en engadir un a un unha lista de elementos seguindo una orde( animais, do alfabeto, comidas…) cada xogador debe recordar as que dixeron os seus compañeiros e engadir unha máis.
Pode ser útil para traballar:
  • A memoria
  • O vocabulario
  • A fonética
Formas de traballar con este xogo:
-Para reforzar o propoñer unha categoría e que os alumnos vaian engadindo unha cada vez. Pode ser interesante ter un apoio visual si a categoría lle resulta complicada.
-Para reforzar a memoria: este xogo é especialmente interesante para traballala xa que o alumno ten que lembrar a lista de que se foi dicindo. Pódese dar algunha axuda como, as teñen que seguir a orde alfabética, os ais empezando por pequenos e cada vez máis grandes…
-Para traballar a fonética propoñer que empecen polo son que queremos reforzar. Ideal para reforzar tamén a articulación escollendo o fonema a traballar.
-Para traballar o alfabeto: pódese comezar pola a, todos os participantes engadirán unha con esa letra, despois la b e así sucesivamente.
3.TRABALiNGUAS
Os trabalinguas son moi interesantes para estimular a linguaxe. Con eles conseguimos reforzar:
  • A articulación
  • A velocidade da fala
  • O sentido do humor
Maneiras de traballar cos trabalinguas:
–Para reforzar a articulación, utilizar trabalinguas que teñan cos que queremos que o alumno articule mellor.
– Para reforzar a confianza: utilizar trabalinguas con especialmente fácil para o alumno. Nos que poida sentirse competente. Empregar ao comezo trabalinguas moi sinxelos que o nino/a poida recitar sen problema.
–Xogar a ler trabalinguas. Engadir un cronómetro con alumnos maiores e máis competentes e cronometrar o tempo que se tarda en decir ou ler o trabalinguas.
4.estou pensando, a ver si o adiviñas
O xogo consiste en adiviñar o obxecto, animal, lugar… que estou pensando. ¿É un animal? No ¿É unha froita? Si
Con este xogo reforzase:
  • A linguaxe receptiva
  • A linguaxe expresiva
  • O razoamento deductivo
Maneiras de traballalo:
-Podemos empregar unha pizarra para ir anotando todas as pistas que nos van dando e así facilitar o encontrar a resposta.
-Para traballar a linguaxe expresiva facer que o nino/a utilice unha frase completa para contestar, por exemplo; No, non é un animal. En lugar de utilizar únicamente No.
-Para potenciar a linguaxe expresiva facer una variante na que non esté permitido decir non o si,  neste  caso o alumno terá que contestar con unha frase. ¿De qué cor é a  cousa? o que estou pensando é de cor vermello.



Ningún comentario:

Publicar un comentario