martes, 5 de maio de 2020

25 Curtametraxes educativas sobre valores e emocións

Descubride 25  bonitas curtametraxes  onde poder traballar os valores e as emocións con imaxes e historias que  nos farán reflexionar a pequenos e maiores. Unha ocasión para desfrutar aprendendo xuntos!

 A WEB REJUEGA seleccionou 25 curtas para taballar as emocións e os valores.  Amosa unha preciosa e delicada selección de curtametraxes educativas sobre valores e emocións para nenos e nenas, pensados para velos en familia, podelos comentar e empregalos como ferramenta para descubrir o que pensan os vosos fillos e fillas sobre estes temas.

Para a selección, céntranse en  dúas ideas claves:

  • Recoñecer e saber xestionar as emocións: non está de máis axudarlles a identificar as emocións, a expresarlas  e xestionalas. Por iso  acompañalos e descubrir certos temas xuntos ,pode axudarlles a calmar certas emociones así como a identificar valores que os fagan sentirse ben.
  • Previr o acoso: está nas vosas e nas nosas mans  axudar os vosos fillos e fillas a empatizar e  a coñecer os valores fundamentais de convivencia e respeto para que estes actos non acontezan.

Ningún comentario:

Publicar un comentario