xoves, 23 de abril de 2020

Día internacional do libro

  
"Os libros son portas que che levan á rúa. Con eles aprendes, edúcaste, viaxas, soñas, imaxinas, vives outras vidas e multiplicas a túa por mil "

                               Arturo Pérez Reverte, La Reina del Sur


 Como sabedes hoxe celebrase o día internacional do libro. Este Día é unha conmemoración celebrada cada 23 de abril a nivel mundial co obxectivo de fomentar a lectura.

  • Dende 1988 é unha celebración internacional promovida pola UNESCO. 
  • O 15 de xuño de 1989 iniciase en varios países.
  • Tratase dun día simbólico para a literatura mundial xa que ese día en 1616 finaron
      Cervantes, Shakespeare e Garcilaso da Vega.

Aínda que este ano no podemos celebralo no colexio, debido ao confinamento. Anímovos a que o celebredes igualmente dende as vosas casa, por tratarse dun día moi importante!!!

Para iso podedes facer algúnha das seguintes actividades:


1. O Profe Javi do CEIP San Benito de Lérez con motivo do día do libro presentanos o libro-xogo "Enigmas", de Victor Escandell, para desafiar a nosa mente con 25 historias de misterio. Este libro plantexa unha serie de retos que teredes que ir resolvendo. O profe Javi hoxe amosanos o primeiro, a ver se sodes quen de resolvelo!!!





2. Creamos un pequeno relato cos títulos dos libros que temos pola casa. 

Esta actividade consiste en ir relacionando os títulos de libros e contos que teñades na casa para facer un pequeno relato, e así desenvolveremos a nosa creatividade. 
A continuación póñovos un exemplo.


                        
            
           ÁNIMO, SEGURO QUE VOS SAEN XENIAL!!!


3. A terceira actividade que vos propoño é que vos fagades unha foto no voso recuncho de lectura habitual, lendo o voso libro ou conto preferido e ma enviedes.



  • Tanto a resposta ao reto ,como o relato curto e a foto podedes enviala a seguinte dirección de correo:
                           mgrh03@gmail.com.

Para os máis pequenos deixovos este video do libro interactivo "Un libro" de Hervé Tullet, da editorial kókinos. Espero que vos guste está moi chulo. Ide facendo o que vos vai decindo cada páxina deste libro!!!


                                   


Un abrazo moi forte para tod@s, non vos esquezades de ler cada día un pouquiño.










Ningún comentario:

Publicar un comentario