martes, 21 de abril de 2020

Educamos as emocións en época de confinamento


Xa no seu día Aristóteles decía o seguinte " Calquera pode enfadarse...iso é moi fácil. Pero enfadarse coa persoa axeitada, no grado exacto, no momento apropiado, co propósito xusto e do modo correcto...iso non resulta tan sinxelo"


Daniel Goleman (1997) define a Intelixencia Emocional como "a capacidade de recoñecer os nosos propios sentimentos e os alleos, de motivarnos e de manexar ben as emocións, en nós mesmos e nas nosas relacións". Cando se fala de Intelixencia Emocional (IE), descríbense cinco grupos de habilidades ou aptitudes esenciais que a compoñen:

  • Autoconciencia: consiste en identificar os pensamentos e sentimentos propios, e notar como inflúen nas nosas decisións e accións.
  • Control emocional: consiste en aprender a dominar as emocións e desenvolver a habilidades para controlar impulsos emocionais.
  • Motivación: ter a capacidade de motivarse e motivar aos demais.
  • Empatía: céntrase en identificar e comprender os pensamentos e sentimentos dos demais, desenvolvendo a empatía e sendo capaz de adoptar o punto de vista dos outros.
  • Habilidades sociais: centradas en adestrar habilidades que permitan ter, manter e gozar dunhas relacións as e gratificantes cos individuos e co grupo.



Desde o departamento de orientación do CEIP Ponte Sampaio achégannos unha serie de actividades para traballar cada unha das habilidades que compoñen a intelixencia emocional.
Premede no seguinte enlace para poder acceder as actividade que as traballan:





Tamén Eva Solaz nos aporta unha serie de ideas e actividades para educar as nosas emocións. O material que nos facilita Eva, está enfocado a alumnado de educación infantil e primaria.


  
Para ver os contos e as actividades de meditación tedes que premer nas imaxes do documento, unha vez que accedades a el a través do seguinte enlace: 

Ningún comentario:

Publicar un comentario