martes, 14 de abril de 2020

Guía para o acompañamento emocional na infancia durante o período de confinamento

 Esta guía elaborada pola psicóloga Elena Mediavilla Espinosa vai dirixida a familias, educadores e profesionais da infancia. Xorde da necesidade de coidar o vínculo emocional cos nosos fillos/as, neste período de confinamento imposto. No cal dun día para outro perdemos as nosas rutinas, o cal ten consecuencias a nivel psicolóxico en todas as persoas, sendo os nenos/as os máis vulnerables nesta situación por non ter recursos nin ferramentas para frear un situación deste tipo.
Esta guía pode resultar útil para lograr unha axeitada conexión emocional cos nosos fillos e polo tanto seguir sendo unha base segura para eles. Debemos ter en conta que respondendo as súas necesidades é sendo empáticos lograremos manter forte o noso vínculo emocional con eles, para conseguir que este tempo de encerro sexa o máis levadeiro posible para todos.

Aquí tedes o enlace para que lle poidades dar un vistazo a guía da que vos falo. Espero que sirva de axuda!!!
https://drive.google.com/file/d/1E38PHD_Kddy5-ZO8XipDPs08xwSVYwJQ/view?usp=sharing

Ningún comentario:

Publicar un comentario