luns, 13 de abril de 2020

Memory en familia

Propóñovos sacar o voso lado máis artístico para elaborar un xogo  ao que poderedes xoga en familia.
Trátase do xogo do Memory, para os que non o coñezades, é un xogo de mesa que serve para agudizar a nosa capacidade de concentración e memoria. Consiste en atopar as caras parellas nunha serie de cartas compostas por diferentes formas, imaxes, figuras...pero na que todas elas están repetidas e teñen o seu par.
Espero que vos guste!!!

        INSTRUCCIÓNS PARA FACER UN MEMORY CASEIRO

-MATERIAIS:
Cartón/cartolina, regra, tesoira, lapis/bolígrafo, pegamento, recortes/adhesivos, cores, selos, fotografías...



-PASOS:
1.Nun cartón marcaremos 16 rectángulos de 6x9,5cm( se queremos máis cartas para complicar o xogo faremos máis rectángulos, pero lembrade que debe ser un número par).
2.Recortamos os rectángulos.
3.Formamos pares de cartas, e nelas debuxamos, pegamos, coloreamos...o que se nos ocorra, pero sempre con composicións de 2 iguais.



-¿COMO SE XOGA?:
Unha vez que teñamos as 8 cartas co seu par, revolvemos ben e poñémolas dadas a volta sobre unha mesa. E agora, de un en un vamos levantando 2 cartas, intentando atopar a súa parella. Se levantamos as dúas iguais, quedan xa a vista, senón, volvemos a voltealas e sorte para o seguinte!!! 
O xogad@r que xunte máis parellas será o gañad@r

Ningún comentario:

Publicar un comentario