luns, 6 de abril de 2020

Plataforma GaliciaLe

Que é GaliciaLe?

GaliciaLe é a plataforma de préstamos de libros, revistas,audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura.
Proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas no que os intereses de todas as persoas lectoras terán o seu espazo( ficción, historia, informática...) e todas as idades o seu lugar.
 GaliciaLe conta con dous catálogos un en galego e outro en castelán. As obras incluídas nestas dúas contornas poderán visionase en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles e ordenadores persoais. No caso de libros poderán facelo, ademáis, dende un lector de libro electrónico.
 Para facilitar o acceso a esta plataforma só é preciso rexistrarse mediante un formulario dispoñible na páxina web de GaliciaLe .Tras cubrir o formulario, o usuario recibirá no seu enderezo electrónico as claves para acceder a plataforma. Cando remate o estado de alarma, os usuarios disporán de 30 días para recoller o seu carné e seguir gozando das vantaxes da rede de bibliotecas públicas de Galicia e desta plataforma.
 Ademáis dende esta plataforma tamén poderedes visitar diferentes museos de xeito virtual.

Ningún comentario:

Publicar un comentario