luns, 13 de abril de 2020

Memory en familia

Propóñovos sacar o voso lado máis artístico para elaborar un xogo  ao que poderedes xoga en familia.
Trátase do xogo do Memory, para os que non o coñezades, é un xogo de mesa que serve para agudizar a nosa capacidade de concentración e memoria. Consiste en atopar as caras parellas nunha serie de cartas compostas por diferentes formas, imaxes, figuras...pero na que todas elas están repetidas e teñen o seu par.
Espero que vos guste!!!

        INSTRUCCIÓNS PARA FACER UN MEMORY CASEIRO

-MATERIAIS:
Cartón/cartolina, regra, tesoira, lapis/bolígrafo, pegamento, recortes/adhesivos, cores, selos, fotografías...



-PASOS:
1.Nun cartón marcaremos 16 rectángulos de 6x9,5cm( se queremos máis cartas para complicar o xogo faremos máis rectángulos, pero lembrade que debe ser un número par).
2.Recortamos os rectángulos.
3.Formamos pares de cartas, e nelas debuxamos, pegamos, coloreamos...o que se nos ocorra, pero sempre con composicións de 2 iguais.



-¿COMO SE XOGA?:
Unha vez que teñamos as 8 cartas co seu par, revolvemos ben e poñémolas dadas a volta sobre unha mesa. E agora, de un en un vamos levantando 2 cartas, intentando atopar a súa parella. Se levantamos as dúas iguais, quedan xa a vista, senón, volvemos a voltealas e sorte para o seguinte!!! 
O xogad@r que xunte máis parellas será o gañad@r

luns, 6 de abril de 2020

Plataforma GaliciaLe

Que é GaliciaLe?

GaliciaLe é a plataforma de préstamos de libros, revistas,audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura.
Proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas no que os intereses de todas as persoas lectoras terán o seu espazo( ficción, historia, informática...) e todas as idades o seu lugar.
 GaliciaLe conta con dous catálogos un en galego e outro en castelán. As obras incluídas nestas dúas contornas poderán visionase en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles e ordenadores persoais. No caso de libros poderán facelo, ademáis, dende un lector de libro electrónico.
 Para facilitar o acceso a esta plataforma só é preciso rexistrarse mediante un formulario dispoñible na páxina web de GaliciaLe .Tras cubrir o formulario, o usuario recibirá no seu enderezo electrónico as claves para acceder a plataforma. Cando remate o estado de alarma, os usuarios disporán de 30 días para recoller o seu carné e seguir gozando das vantaxes da rede de bibliotecas públicas de Galicia e desta plataforma.
 Ademáis dende esta plataforma tamén poderedes visitar diferentes museos de xeito virtual.

Material didáctico para traballar emocións, valores e fomentar a autoestima

 Os compañeiros/as de Palabras Aladas crearon estes materiais didácticos ,gratuítos, para afondar no traballo das emocións , dos valores e para fomentar a autoestima dos nosos alumnos/as.
 Espero vos sirva de axuda!!!

Quen queira accede a el e descargalo, teno dispoñible no seguinte enlace:


https://www.palabrasaladas.com/material_didactico_gratuito.html

Recentemente tamén nos permiten descargar de xeito totalmente gratuíto o seu libro AMAR. De seguido deixo o enlace para que o poidades obter.

https://www.palabrasaladas.com/amar_en_cuarentena_por_el_coronavirus.html

Actividades de Reforzo e Ampliación

 A editorial Santillana proporciónanos unha serie de actividades de reforzo e ampliación ,das áreas de matemáticas e lengua castelá, para alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación primaria. Aquí volas deixo para que sigades traballando. Un saúdo a tod@s e moito ánimo.



                                                                                             
                                                                                 premede aquí para acceder aos documentos







  

                                                                                            premede aquí para acceder aos documentos









xoves, 2 de abril de 2020

Día mundial de concienciación sobre o autismo

 Como sabedes hoxe 2 de abril é o día mundial de concienciación sobre o autismo. Achégovos un video  feito por LiberTEA, asociación de nais e pais que loitan polo benestar dos seus fillos con Trastorno do Espectro Autista (TEA). 


Anímovos a que vexades o vídeo e para conmemorar este día fágovos unha proposta. Debuxade un corazón ou unha peza de puzzle de cor azul, xa que como sabedes o azul é a cor do autismo. E pegade os vosos debuxos na ventá para conmemorar este día tan especial.

 Ademais paréceme moi importante lembrar que as persoas con TEA, e con outras necesidades especiais, nestes días de confinamento poden precisar saír a rúa por necesidade non por capricho. Nestas saídas debemos amosarlle a nosa comprensión e respecto!!!


Desenvolvemos a creatividade


Propóñovos dúas actividades, unha para os mais maiores e outra para os pequenos. Aínda que a segunda a podedes face todos se vos apetece. 

 Actividade 1:

Sabedes o que é un Haiku? supoñe que non. Pero tratase dunha actividade bastante sinxela que nos vai axudar a desenvolver a nosa creatividade.

Os HAIKUS son un tipo de poesía orixinaria de Xapón, que consisten nun texto breve, composto por tres versos de cinco, siete e cinco sílabas respectivamente. E que se crean a partir de cousas que se poden ver no entorno que nos rodea, están sobre todo relacionados coa natureza.

A continuación poño uns exemplos para que vos poidan servir de axuda.



 Agora xa podedes facelos vos, non esquezades acompañalos dunha ilustración. De seguro que vos salen xenial. Ánimo e a darlle a seseira!!!


Actividade 2:

Seguindo a iniciativa proposta dende outros colexios gustaríame que fagades un debuxo no que aparezades vos e as vosas familias, nas vosas casa. Facendo algunha das actividades que realizades no día a día dende que estamos confinados: facendo un pastel, exercicio xogando a algún xogo... O que vos pensedes que máis vos representa estes días tan excepcionais.  E lembrade acompañar o voso debuxo co hashtag  # Euficonacasa.

Cando teñades algunha das actividades feitas podedes enviar unha foto do que fixestes ao correo electrónico mgrh03@gmail.com e ireinas publicando no blog. Tedes de prazo ata o 14 de abril. 

Un saúdo a todos/ as e coidádevos moito.
#Todovaisairben
#porquenuncachoveuquenonescampase

luns, 30 de marzo de 2020

IDEAS PARA PASAR ESTES DÍAS NA CASA CON NENOS/AS


Os compañeiros de ENTRE NUBES ESPECIALES facilítannos un documento con ideas moi útiles para pasar cos nenos/as os días de confinamento. Os recursos que nos propoñen divídense nos seguintes apartados :

-Aplicacións para móvil, tablet ou ordenador
- Actividades sensoriais.
-Webs con manualidades.
-Películas e series.
-Webs para descargar material imprimible gratis.
-Dez museos para visitar estando na casa.
-Canles de YouTube con contos infantís.
-Canles de YouTube con ideas/actividades.
-70 ideas fáciles para xogar cos nenos/as dentro da casa.